• Benvido/a ao
    dominio .gal
  • Un espazo na
    Internet para
  • a sociedade
    galega
bottom queres saber máis?

Que é o dominio .gal?

No marco da actual sociedade da información o que non está en Internet non existe. A comunidade galega no mundo, con máis de 4 millóns de persoas, a nosa lingua e a nosa cultura precisan dunha marca propia coa que identificar todos os contidos que xeramos na Rede e, así, facernos máis visibles dentro deste espazo de comunicación global. O .gal é o dominio que debe correspondernos como comunidade con fortes vencellos lingüísticos, culturais, históricos, sociais... unha especie de sufixo co que identificar en Internet as páxinas escritas en galego e que se dirixan á sociedade galega nas súas comunicacións en liña que, tendo en conta a nosa dispersión no mundo, non se circunscriba a un ámbito territorial concreto. Tecnicamente viable e económica, social, lingüística e culturalmente rendible, o .gal encádrase nos dominios de primeiro nivel esponsorizados.

O dominio é xestionado pola Asociación Puntogal e os ingresos económicos que se produzan pola actividade do dominio servirán para o mantemento do propio dominio e no caso de producírense beneficios estes serán investidos no fomento da lingua e cultura galega dentro do ámbito das novas tecnoloxías.

Internet

O dominio .gal fai que Galicia teña un espazo de seu na Rede.

Lingua

O dominio fomenta o uso do galego na Rede.

Cultura

A cultura galega ten un xeito de gañar visibilidade nos contornos dixitais.

Empresa

O .gal facilita o achegamento das empresas ao público galego.

O dominio .gal

Coñece algunhas das vantaxes de utilizar o .gal

Rapidez

Clasificación

Imaxe

Social

Global

Tecnoloxía


Prazos para rexistrar dominios .gal
 

De cara a un funcionamento regular do sistema de rexistro de nomes de dominios co sufixo .gal establecéronse unhas fases para garantir un correcto funcionamento e estabilidade do sistema e que tanto as entidades públicas como privadas poidan protexer debidamente as súas marcas tanto comerciais como de utilidade pública, polo que se estabeleceron uns períodos de rexistro moi diferenciados que comprenden unha fase de prelanzamento denominada Programa Pioneiros. Este programa permitiu poñer na Rede un grupo reducido e significativo de dominios e deu paso á segunda fase na que se puxeron en marcha o Programas Abrente ou Sunrise xunto ao Programa Carreira ou Landrush, previos á terceira fase de apertura xeral, na que todo o mundo poderá rexistrar o seu dominio .gal.

Programa Pioneiros

Baixo unhas condicións especiais activáronse un grupo reducido de dominios o pasado 25 de xullo.

Fase de Lanzamento

O período coñecido como Abrente ou Sunrise permite que aquelas entidades tanto públicas como privadas poidan exercer o seu dereito preferente de solicitar un dominio. Esta fase desenvólvese entre o 16 setembro e o 18 de novembro.
Simultaneamente ao Abrente desenvolverase o proceso de Carreira ou Landrush, no que aqueles interesados en dominios sen prioridade de especial interese poden ter a súa oportunidade de solicitalo antes da fase aberta.

Fase aberta

Abrirase o rexistro libre de dominios por parte do público xeral. Comezará a funcionar arredor de comezos de decembro

Os Nomes Pioneiros .gal supoñen unha excelente oportunidade para gañar visibilidade na Internet e entre a nosa sociedade

Os primeiros nomes de dominio baixo o .gal?

Co obxecto de garantir a estabilidade e funcionamento do dominio abriuse un período no que un grupo reducido e significativo de dominios estará dispoñible para a sociedade galega. Para isto desenvolveuse o Programa Pioneiros que ofrece aos reservadores de dominios .gal a posibilidade de rexistrar e comezar a usar o dominio uns catro meses antes do período de rexistro xeral. Tales nomes de dominio chámanse Nomes Pioneiros. O uso activo e positivo dos Nomes Pioneiros .gal ofrece aos reservadores unha oportunidade única de estaren entre os primeiros en dar a coñecer os seus produtos ou servizos á comunidade da cultura galega e ao mundo, fomentando ao mesmo tempo un interese e unha expectación no público ao redor do dominio .gal, e favorecéndose da publicidade propia deste programa.
Tras un rigoroso proceso de selección definiuse unha relación de 93 nomes pioneiros que poderán estar accesibles na Internet antes da apertura do dominio .gal o vindeiro mes de decembro.

Nomes Pioneiros correspondentes a Administracións Públicas

  • 25dexullo.gal
  • ascatedrais.gal
  • atriga.gal
  • axendadixital.gal
  • cabana.gal
  • carballo.gal
  • castrelo.gal
  • concellodemanzaneda.gal
  • consellodacultura.gal
  • crtvg.gal
  • cultura.gal
  • deputacionlugo.gal
  • fegamp.gal
  • galicia.gal
  • goberno.gal
  • lingua.gal
  • ordes.gal
  • parlamento.gal
  • ponteceso.gal
  • pontevedra.gal
  • presidente.gal
  • radiogalega.gal
  • redondela.gal
  • ribadeo.gal
  • teleco.gal
  • televisiondegalicia.gal
  • teo.gal
  • turismo.gal
  • udc.gal
  • usc.gal
  • uvigo.gal
  • valedordopobo.gal
  • vilardesantos.gal
  • xunta.gal

Nomes Pioneiros de Empresas

  • celta.gal
  • codigo.gal
  • dinahosting.gal
  • editorialgalaxia.gal
  • elcorreogallego.gal
  • gadis.gal
  • galiciacalidade.gal
  • galiciaconfidencial.gal
  • lavozdegalicia.gal
  • mundo-r.gal
  • R.gal
  • rcdeportivo.gal
  • reizentolo.gal
  • sermosgaliza.gal
  • xerais.gal

Nomes Pioneiros de entidades sen ánimo de lucro

  • academia.gal
  • adega.gal
  • aetg.gal
  • agasol.gal
  • age.gal
  • amesa.gal
  • amigosdopatrimoniodecastroverde.gal
  • anova.gal
  • avelinodiaz.gal
  • avogacia.gal
  • avozdevilalba.gal
  • bng.gal
  • catedraldesantiago.gal
  • ccoo.gal
  • cesga.gal
  • cidadedacultura.gal
  • clustertic.gal
  • compromiso.gal
  • cpeig.gal
  • crea.gal
  • csif.gal
  • ctnl.gal
  • cultur.gal
  • feijoo.gal
  • fundacioncastelao.gal
  • fundacionislacouto.gal
  • fundacionoteropedrayo.gal
  • galizacig.gal
  • isoc.gal
  • liceodenoia.gal
  • museodopobo.gal
  • oval.gal
  • pgl.gal
  • portaldaspalabras.gal
  • ppdegalicia.gal
  • praza.gal
  • prolingua.gal
  • psdeg-psoe.gal
  • radiofusion.gal
  • snccoo.gal
  • socialistas.gal
  • veciñosporlugo.gal
  • xornalistas.gal

O dominio .gal xa está vivo. Axúdao a medrar!

Fase de lanzamento do dominio .gal

Os dominios .gal pódense solicitar dende o 16 de setembro dentro dunha nova Fase de Lanzamento deseñada para grupos con dereitos preferentes como, por exemplo, as entidades que promoven o galego, administracións públicas, propietarios de marcas etc.. A Fase de Lanzamento está formada pola posta en marcha dos programas Abrente e Carreira. Pódense solicitar dominios dentro de cinco categorías:

1.-
Marcas validadas na Trademark Clearing House (TMCH), unha base de datos de marcas internacionais establecida por ICANN, o organismo que goberna as direccións da Internet.

2.-
Marcas do TMCH que non cumpren cos requisitos para usar un .gal, pero queren asegurarse de que a súa marca non sexa rexistrada, aínda que non activen inicialmente a súa páxina baixo os requirimentos de dominio .gal.

3.-
Administracións públicas de calquera ámbito con competencia en Galicia e entidades de promoción da cultura e da lingua galegas. Institucións e entidades (consorcios, axencias, comisións, fundacións, asociacións etc.) poderán solicitar, entre outros, nomes xeográficos con relevancia, os propios nomes das entidades, o dos seus servizos en liña e as súas marcas rexistradas.

4.-
Marcas rexistradas a calquera nivel con validez en Galicia. Tamén as denominacións de orixe rexistradas.

5.-
Calquera que tivese ata agora unha web, un portal web etc, e veña promovendo a cultura galega e utilizando a lingua galega nas súas comunicacións en liña baixo outro dominio pode solicitar o seu propio nome ou o nome dos dominios rexistrados e usados.

O prazo de todas as categorías do Abrente remata o 18 de novembro, salvo a categoría 3, que remata o 25 de novembro. No caso de se presentaren varias peticións para o mesmo dominio, terá preferencia o solicitante pertencente a unha categoría superior, tal e como obrigan as normas da ICANN. Os prezos base varían segundo a categoría. A Asociación PuntoGal fixo un esforzo para que poidan gozar dun prezo menor aqueles que promocionan a cultura galega e xa apoian o idioma empregando o galego na Rede e as Institucións e entidades que teñen un papel na súa promoción. Por iso as categorías 3 e 5 partirán dun prezo base aproximado de 50 euros por dominio por ano. Seguindo a mesma lóxica, no Abrente o prezo base máis alto, 170 euros, é para a categoría 2, as marcas que queren defender o seu dominio pero que non van contribuír á promoción do galego na Rede usando o .gal . As categorías 1 e 4 teñen un prezo intermedio, 65 euros. Con todo, o prezo final para o consumidor non o fixa PuntoGal, senón os rexistradores acreditados por ICANN, as empresas comercializadoras finais. Os prezos citados aquí son polo tanto prezos base e aproximados, cada rexistrador pode realizar libremente ofertas diferentes.
E que pasa con aqueles que queren rexistrar un .gal xa pero o dominio que lles interesa non cae en ningunha das categorías do Abrente? Tamén poden solicitar o dominio. Iso si, farano a través dunha subfase cun nome diferente, Carreira, e cun prezo base superior, 170 euros. Os que decidan participar na Carreira teñen as vantaxes de aspirar a facerse con calquera enderezo .gal sen ter que agardar ao mes de decembro, cando se abrirá o último prazo, a Fase Aberta, un período sen restricións e cando se adxudicarán os dominios por orde de chegada da solicitude.

Axentes rexistradores acreditados

Os dominios .gal dentro da Fase de Lanzamento rexistraranse a través de axentes acreditados pola ICANN dos que damos conta para que os interesados poidan escoller o rexistrador que máis lles conveña:

Como podemos facernos cun dos primeiros nomes de dominio baixo o .gal?

Co obxecto de garantir a estabilidade e funcionamento do dominio abrirase un período no que un grupo reducido e significativo de dominios estará dispoñible para a sociedade galega. Para isto desenvólvese a partir do día 1 de xuño o Programa Pioneiros que ofrece aos potenciais reservadores de dominios .gal a posibilidade de rexistrar e comezar a usar o dominio uns catro meses antes do período de rexistro xeral. Tales nomes de dominio chámanse Nomes Pioneiros. O uso activo e positivo dos Nomes Pioneiros .gal ofrece aos reservadores unha oportunidade única de estaren entre os primeiros en dar a coñecer os seus produtos ou servizos á comunidade da cultura galega e ao mundo, fomentando ao mesmo tempo un interese e unha expectación no público ao redor do dominio .gal, e favorecéndose da publicidade propia deste programa. Dende o día 1 de xuño está dispoñible nesta web a información para poder realizar as solicitudes para o programa Pioneiros e o formulario para poder optar a participar no Programa (que deberá presentarse antes do 30 de xuño 11 de xullo).

PRAZO AMPLIADO: Ante a elevada demanda do noso Programa Pioneiros e as dificultades dalgunhas entidades para presentar a súa solicitude a tempo, ampliamos o prazo de presentación até o día 11 de xullo.

Criterios de selección

PuntoGal seleccionará e permitirá o rexistro dun máximo de 90 Nomes Pioneiros .gal. Tales nomes serán seleccionados de entre as solicitudes elixibles, baseándose en criterios de visibilidade e notoriedade, relativas a persoas, institucións e empresas vencelladas ao ámbito da cultura e sociedade galega e, en definitiva, que estean comprometidas cos fins que permitiron e xustificaron a creación do dominio PuntoGal.

Quen pode participar?

Pode participar no Programa Pioneiros .gal calquera persoa, física ou xurídica, que cumpra cos requisitos de elixibilidade expostos máis abaixo e que demostre un compromiso coa cultura ou a comunidade galega.

Uso dos Nomes Pioneiros .gal

Os Nomes Pioneiros seleccionados deben contribuír á promoción, desenvolvemento e adopción do .gal. A este fin, ata que o Período Xeral de Rexistro comece, os reservadores de Nomes Pioneiros deberán: crear e manter un sitio web activo por cada Nome Pioneiro seleccionado; usar activamente tal sitio web para os servizos, contidos ou produtos asociados co Nome Pioneiro. O sitio web non pode redireccionar a outro sitio web; debe estar totalmente (ou unha parte substancial) escrito en lingua galega, sen prexuízo de que o sitio web poida estar dispoñible en calquera outro idioma de forma opcional

Teñen un prezo especial?

Os participantes no programa de pioneiros terán un prezo inicial diferente ao das seguintes fases. Isto é debido a que o número posible de participantes é limitado e terán a vantaxe de seren os primeiros en utilizar o .gal . Ese prezo é único para o programa e os fondos serán utilizados para o lanzamento do dominio a nivel xeral. En breve informarase detalladamente nesta web das condicións e dos prezos. Para calquera consulta a este nivel, podes poñerte en contacto connosco.

Como se rexistrarán?

  • 1- Enviar unha solicitude (informarase do procedemento detallado a partir do 1 de xuño nesta web)
  • 2- Aceptación dos termos e condicións do Contrato Pioneiro, incluíndo a aceptación ao Procedemento de Impugnación de Nome Pioneiro
  • 3- Aceptación do contrato rexistrador.

Requisitos de elixibilidade

Requisitos xerais de elixibilidade. A solicitude debe cumprir cos requisitos xerais para todos os dominios .gal. Especificamente o seu uso polo solicitante debe estar xeralmente aceptado como lexítimo e estar en relación coa importancia e o papel que está destinado a desenvolver.

¡Utiliza o .gal para dar a coñecer o teu proxecto na Rede!

A Asociación PuntoGal

A Asociación PuntoGal foi a responsable de preparar, promover e presentar a candidatura para a consecución do dominio .gal, unha iniciativa orientada a acadar un dominio propio en Internet para a sociedade galega e, a través del, unha maior visibilidade e presenza da sociedade galega, identificada como tal, dentro da Rede.

A Asociación PuntoGal é unha entidade sen ánimo de lucro constituída por entidades de todos os ámbitos da sociedade galega, plural e diversa e será a responsable da xestión do dominio .gal . Os ingresos producidos pola xestión do rexistro dedicaranse ao mantemento do dominio e no caso de se produciren beneficios serán reinvestidos en fomentar a lingua e a cultura galegas no ámbito das novas tecnoloxías.

Manuel González

Presidente

Coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Camilo Regueiro

Vicepresidente

Coordinador de diversos proxectos relacionados co galego e as TIC

Darío Janeiro

Secretario

Xornalista

Marcus Fernández

Tesoureiro

Webmaster de Codigocero.com

Edita de Lorenzo

Vogal

Directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo

Javier Fernández Fraga

Vogal

Enxeñeiro de Telecomunicación

Sergio Aramburu

Vogal

Secretario técnico no Consello da Avogacía Galega

Manuel Bermejo

Vogal

Catedrático de Química Inorgánica

Moncho Paz

Vogal

Editor de A Voz de Vilalba

¡A sociedade galega xa conta cunha voz de seu na Rede!

Historia do dominio .gal

Para facer realidade o dominio .gal houbo un traballo de varios anos, que en 2014 se completa con éxito.

Preguntas máis frecuentes

Respondemos algunhas das dúbidas máis habituais sobre o dominio .gal.

En principio, si. ICANN establece certas restricións (estados oficialmente aceptados pola ONU, outros territorios, nomes de dominio de dúas letras e outras excepcións) e hai que ter en conta as condicións establecidas na fase de lanzamento para determinados nomes de dominio.
Esta fase establece un lanzamento ordenado por categorías nos que administracións públicas, empresas e institucións poden acceder a certos nomes de dominio con maior prioridade. Quen teña unha páxina web ou blog en galego pode solicitalo nesta fase con prioridade sobre quen non a ten.
Entre o 16 de setembro e o 18 de novembro estará aberta a fase de abrente/sunrise para todas as categorías con prioridade. O mesmo tempo tes se queres rexistrar un domino na fase de carreira/landrush sen prioridade.
Para rexistrar un dominio .gal tes que contactar cun rexistrador acreditado ante a Asociación PuntoGal, na nosa páxina web podes ver a listaxe actualizada que te levará directamente á súa páxina web.
O sitio web en cuestión debe conter contido mínimo significativo en lingua galega, aínda que se mostre tamén noutros idiomas. En caso de que non mostre contido en galego, deberán ser contidos relacionados coa cultura galega ou servizos en liña especificamente dirixidos á comunidade galega e que favorezan o seu desenvolvemento.
Non, os dominios son compatibles entre si e pódense activar cantos se desexen para o mesmo nome de dominio. Para iso é necesario configurar o DNS.
O dominio.gal xestiónase dende a Asociación PuntoGal, un entidade privada sen ánimo de lucro, constituída por entidades de todos os ámbitos representativos da sociedade galega.
O prezo final do rexistro dun dominio .gal está fixado polo rexistrador. No apartado rexistradores podes ver a lista actualizada que te levará directamente á súa páxina web. Nembargantes na fase de lanzamento faise unha diferenciación nos prezos para as diferentes prioridades. Dende a Asociación PuntoGal fíxose un esforzo por favorecer os nomes de dominio que fomenten a promoción da lingua e cultura galegas así como as páxinas web con contidos previos en galego.
Pode pórse en contacto connosco a través do correo electrónico rexistradores@dominio.gal e remitirémoslle a información pertinente.

un dominio vivo

Fitos do dominio .gal

Esta aventura para conseguir un dominio para a lingua e a cultura galegas destacou en todo momento pola súa grande adhesión social.

Contacta connosco

Podes remitirnos as túas consultas ou suxestións a través do seguinte formulario:

Grazas! Enviouse a túa mensaxe.

Tamén podes contactar connosco a través das nosas redes sociais

info@dominio.gal

Contacto para queixas e mal uso

abuse@dominio.gal

Dirección Xeral PuntoGal
Apartado de Correos 55
15780 Santiago de Compostela